Ademais de todas as actividades relativas a unha exposición colectiva, este espazo contén unha galería onde cada persoa pode publicar a súa propia mirada.

As miradas serán imaxes que os usuarios/as poderán enviar e compartir. Ademais poderán ir acompañadas dunha explicación ou frase indicando por que ese lugar supón algo concreto ou lle parece significativo.

 

COMO ENVÍO AS IMAXES

Para poder enviar as imaxes basta con cumprimentar o formulario desta propia páxina ou ben enviar directamente a información por correo electrónico a informatica@allariz.com.

Importante: o límite son 2Mb por imaxe a través do formulario, así que para tamaños maiores debes enviar e-mail directo ou adxuntar un enlace de descarga.

 

QUE INFORMACIÓN TEÑO QUE DAR

A información que se debe aportar é a seguinte:

  • Nome Completo
  • Enderezo de correo electrónico
  • Lugar/pobo de onde eres (opcional)
  • Descrición da imaxe ou do lugar explicando brevemente que che gusta ou aporta ese sitio
  • O arquivo ou enlace de descarga do mesmo

 

QUE TIPO DE IMAXE PODO ENVIAR

Pódese adxuntar calquera imaxe ou vídeo. Un lugar, unha vista, un detalle, un momento, un evento … calquera cousa relacionada con Allariz e o seu territorio.

 

QUE FORMATOS DEBO ENVIAR

Calquera formato de imaxe ou vídeo é valido, tendo en conta que para publicarse empregaranse contidos JPG para as imaxes e MP4 (H.264) para vídeos, polo tanto, se é preciso, converteranse os arquivos orixinais.

 

QUE PASA COS DEREITOS

A participación é voluntaria e as imaxes unicamente se empregarán para ser visualizadas nesta web. En ningún caso o Concello de Allariz adquire outros dereitos que publicar a imaxe, do mesmo xeito que se reserva os dereitos de decidir que contido é apto ou non para publicar.