Venda de artesanía galega e produtos típicos de Allariz
Produtos e Servizos
Temos unha selección de artesáns galegos que realizan labores en coiro (como caretas, bolsos e cintos), en cerámica (figuras o xogos de licor), en seda pintada a man (camisetas e fulares), en madeira (xogos e xoguetes), en cartón pedra (marionetas e adornos de parede), en pedra (canastros e simboloxía celta) e tamén unha gran variedade de traballos en prata e azabache. Os mellores produtos típicos veñen da nosa mellor repostería alaricana “Fina Rei”. Temos instrumentos tradicionais galegos, e discografía ampla de música galega e irlandesa (tradicional e folk). Dende fai once anos tentamos axudar cos agasallos para que sexan os máis orixinais e pode ser así porque son pezas únicas de artesáns galegos.