Presentación Guía de Asociados Actualidade
 
G u í a   d o   C o m e r c i o

ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ Todos



AINET CONSULTING

» Información   |    » Plano Situación   |    » Galería de Fotos   |    » Novas e Promocións

EMILIA PARDO BAZÁN, 40 A
32660 ALLARIZ
Tlf.: 618806486
Fax.:
E-mail: info@ainetconsulting.com
Web: www.ainetconsulting.com
AINET CONSULTING
Levamos dende 1996 adicados especialmente a dar solucións globais no ámbito da informática e nas novas tecnoloxías, tanto dende a vertente do asesoramento como na ejecución práctica dos proxectos e solucións.

Nosos clientes principias son Concellos, Institucións, Asociación Empresariais e Comerciais e Pemes que precisan servizos en diferentes áreas: Equipamento, instalación de redes, programación, formación, internet e deseño web.

Moito ten evolucionado a informática nestes anos e hoxe en días os sistemas que rexen dende un comercio deica unha empresa son os mesmos: ordenadores, programas de xestión e venda, internet...

Por eso creemos que calqueira negocio hoxe en día precisa servizos globais, actualizados e con experiencia para que asúa actividade non pare en ningún momento.

Produtos e Servizos
  • Asistencia Técnica Informática
    Levamos anos solucionando problemas nos ordenadores e programas dos nosos clientes, intentando dar resposta o antes posible a eses fallos, optimizando os tempos empregados e dando as solucións máis económicas para os nosos clientes, minimizando a perda de datos e/ou tempo de traballo dos nosos clientes.

  • Solución de Incidencias On-line
    Gracias a internet e á inversión realizada en ferramentas de xestión remota somos capaces de solucionar pequenos problemas ou dar explicación directamente no ordenador do cliente en calqueira momento e de forma inmediata, minimizando o tempo de resposta para dar unha solución e tamén reducindo o custe da acción.

  • Solucións de Internet e Páxinas Web
    Internet é unhas das áreas onde máis temos investigado na nosa empresa e podemos crear calqueira tipo de aplicación ou páxina web para que os comercios ou empresas poidan aproveitarse deste eido tanto de forma presencial como de forma activa.

 

 

 


Concello de Allariz

Estatutos Asociación de Comerciantes de Allariz

Campaña "Abril augas mil"
 

© Asociación de Comerciantes e Concello de Allariz