Esta iniciativa comezou a funcionar a través da apertura dun establecemento pertencente a franquicia Massimo Dutti, con dúas actividades diferenciadas:
* A actividade comercial da tenda, situada nunha zona comercial aberta do sector téxtil “outlet”.
* A actividade cultural, cunha biblioteca social que funciona como aula cultural e espazo expositivo.
Produtos e Servizos Massimo Dutti vende coleccións de roupa e complementos de campañas pasadas a prezos reducidos. A tenda forma parte dun proxecto social "for & from special people" que está dotada para ser atendida por persoas que teñan algunha discapacidade.