Presentación Guía de Asociados Actualidade
 
G u í a   d o   C o m e r c i o

Agasallos e Prod. Locais
Alimentación
Fogar e Decoración
Moda e Complementos
Saude e Beleza
Servizos


Datos de Contacto
Asociación de Comerciantes de Allariz
Centro de Promoción Económica
R/ O Portelo,4
32660 Allariz Ourense
Tlf. 988 44 22 10
comercio@allariz.com

Acerca da Asociación de Comerciantes de Allariz

A Asociación de Comerciantes de Allariz é unha entidade sen ánimo de lucro que a día de hoxe consta con 103 asociados de practicamente todos os sectores comerciais.

Fundada no ano 1998, dende a súa creación perseguiu, como únicos fins; o apoiar e potenciar ó máximo posible o pequeno comercio alaricano a través de diversas iniciativas e convenios que sirvan de axuda ó comerciante.

Dende a Asociación promóvese a formación, organizando cursos formativos cada pouco tempo que, sobre todo, están orientados a fomentar as novas tecnoloxías como algo cotián.

A defensa dos asociados ante calquera organismo público ou privado tamen é un dos deberes da Asociación así mesmo informar os asociad@s sobre axudas e subvencións que poidan resultarlles de interese.

Outro labor de importancia que se leva a cabo é o de impulsar iniciativas publicitarias periodicamente: con promocións conxuntas, sorteos, etc, co fin de ofrecer atractivos ó consumidor á hora de realizar as súas compras.

 


Concello de Allariz

Estatutos Asociación de Comerciantes de Allariz

Campaña "Abril augas mil"
 

© Asociación de Comerciantes e Concello de Allariz