Presentación Guía de Asociados Actualidade
 

Actualidade...




 
Últimas Noticias...Campañas e Promocións


Normas da Campaña de Nadal 2010
Ampliar Foto...
11/11/2010

Esta é a campaña de Nadal 2010, organizada pola Asociación de Comerciantes, en colaboración co Concello de Allariz. Este ano, a campaña comeza o 15 de novembro de 2010 e remata o 15 de xaneiro de 2011. Consiste en introducir nun sobre todos os tickets ou xustificantes de compra que desexe, que teñen que ser, como mínimo, de tres establecementos diferentes. O día 17 de xaneiro realizarase o sorteo público no que se sacarán 6 sobres premiados, aos que se lles devolverá o importe dos tickets ata un máximo de 400 euros (+ 100 euros a quen teña tarxeta de cidadanía), que poderán gastar nos establecementos asociados a partir do 18 de xaneiro. Crearanse cheques de 50, 20 e 10 euros para que os agraciados fagan as compras que desexen nos establecementos asociados que elixan.


1º Os comercios facilitarán os sobres aos seus clientes para que poidan participar na campaña.

2º Os comercios expedirán un ticket ou un xustificante por cada compra, non establecéndose unha cantidade mínima de compra. Eses tickets ou xustificantes de compra (orixinais ou copia selada), serán introducidos no sobre que, posteriormente se depositará nas furnas.

3º O número mínimo de comercios onde hai que mercar é de 3 distintos, así pois cada sobre conterá, como mínimo, tres tickets ou xustificantes de compra de tres establecementos diferentes.

4º En cada sobre, poden incluírse todos os tickets ou xustificantes de compra que se queira, pero tendo en conta que só se devolverá o importe ata un máximo de 500 euros.

5º Os familiares directos (cónxuxes ou fillos) que convivan cos titulares do negocio non poderán participar con tickets ou xustificantes de compra de dito establecemento.

6º Lembrar que non serán válidos aqueles sobres premiados no sorteo, se algún dos tickets ou xustificantes de compra é expedido por un comercio que non pertence á Asociación de Comerciantes ou, pese a selo, non está ao corrente coas contas da mesma.

7º Unha vez introducidos os tickets ou xustificantes nos sobres, pechados e cubertos os datos persoais, estes serán depositados nas furnas dispostas nos centros municipais: Concello de Allariz, Fogar dos Maiores, Centro de Promoción Económica ou Piscina Municipal ata o día 15 de xaneiro de 2011.

8º O Sorteo Público celebrarase o día 17 de xaneiro de 2011 nas instalacións de Radio Allariz ás 12:00, emitíndose en directo, e posteriormente, publicándose a lista de gañadores nas webs www.allariz.com e www.comercioallariz.com

9º Os gañadores serán convocados posteriormente para facerlles entrega dos cheques que poderán gastar nos establecementos asociados que elixan ata o 28 de febreiro de 2011.

 




Concello de Allariz

Estatutos Asociación de Comerciantes de Allariz

Campaña "Abril augas mil"
 
 

© Asociación de Comerciantes e Concello de Allariz