Primeira. Definición do programa A Asociación de Comerciantes de Allariz (en diante ACA) en colaboración co Concello de Allariz pon en marcha unha campaña promocional dirixida a titulares da tarxeta de cidadán emitida polo Concello de Allariz e a titulares das tarxetas do ComercioAllariz.
Esta campaña dará comezo o 1 de xuño de 2009 e prolongarase indefinidamente, avisándose a súa finalización con un período non inferior a 3 meses.
Segunda. Participantes e asignación de puntos Poderán participar neste programa de puntos todas aquelas persoas titulares da tarxeta de cidadán en vigor e os titulares da tarxeta ComercioAllariz, expedida polos propios establecementos adheridos a esta campaña,
Cada titular das ditas tarxetas poderá transformar as súas compras en puntos, sendo a relación de 1 punto cada 3€ de compra, pudendo ser máis puntos en función da campaña promocional que aplique cada establecemento.
Tecerá. Canxe de Premios O sistema de consulta e canxe dos puntos en premios é mediante a plataforma www.comercioallariz.com, na cal cada titular a través da súa clave de acceso pode xestionar seus puntos e solicitar o canxe polo premios mediante un catálogo on-line. Estos premios serán enviados ao enderezo do titular da tarxeta sen custe algún.
Cuarta. Sorteo Mensual Do mesmo xeito, cada mes entre os titulares das tarxetas que merquen nos establecementos adheridos, e por conseguinte, teñan movementos de puntos, participarán nun sorteo mensual dun premio por valor non superior a 30€.
Quinta. Protección de Datos Según o disposto na Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD), os datos de carácter personal dos titulares das tarxetas emitidas durante o transcurso desta campaña son incluídos nun ficheiro coa única finalidade de comunicación de promocións realizadas pola ACA.
Para o exercicio dos seus dereitos de aceso, rectificación, cancelación e/ou oposición, os titulares deberán dirixirse o enderezo do Responsable do Ficheiro: Asociación de Comerciantes de Allariz – Centro de Promoción Económica O Portelo 32660 Allariz Ourense ou no enderezo de correo electrónico: comercio@allariz.com
Sexta. Interpretación das Bases Calquera dúbida, interpretación o controversia en relación coas presentes Bases, será resolta pola Asociación de Comerciantes de Allariz
|