As novas tecnoloxías permiten que poidamos ofertar novas maneiras de servir aos veciños e veciñas, mesturando a información en tódolos medios dispoñibles: radio, televisión, internet e publicacións escritas, facilitando o acceso a servizos municipais 24 horas ao día e dende calqueira lugar.
Este proxecto de Rede Social combina infraestructuras e servizos para achegar a vida municipal e crear novas formas de interactuar entre todos os veciñ@s ca administración local.
INFRAESTRUCTURAS Para botar a andar este cobizoso proxecto, o concello de Allariz porá en marcha unha serie de infraestruturas encamiñadas a crear unha rede municipal (intranet) dotada dunha serie de servizos para os veciños e veciñas, comunicando entre si as parroquias de todo o municipio.
.jpg) Esquema Rede sen fios ALLARIZ 2.0 |
|
|
- Data-Center TIC
Equipamento para centralizar os contidos e os servizos que se porán en marcha a través deste proxecto de novas tecnoloxías.
- Intranet sen fíos - Fase I
Crearase unha rede baseada na comunicación sen fíos que permitirá levar servizos a todo o termo municipal. O obxectivo principal é comunicar Allariz cos diferentes núcleos de poboación.
- Telecentros
Para participar nos servizos que se porán en funcionamento nos diferentes centros sociais, dotaranse estes de equipamento informático básico: ordenadores, acceso a internet, TV...
|
SERVIZOS Grazas a estas infraestruturas poderemos por en marcha unha serie formas e propostas de comunicación e interoperabilidade entre concello e cidadáns, así como novas actividades.
 Tarxeta de Cidadán |
|
|
- Concello Dixital
Cada veciño/a poderá solicitar unha tarxeta de cidadán que lle permitirá acceder a servizos municipais desde calquera ordenador conectado a internet. Entre estes servizos estarán a solicitude de certificados, duplicados de recibos, facer consultas directas ao concello, etc. Todo isto dispoñible en 24 horas.
|
 Sinalización Dixital - Información Local |
|
|
- Sinalización Dixital (TV)
Un servizo que permite recibir nos diferentes locais sociais (telecentros) un sinal como o da Televisión e, a través del, transmitir información da vida municipal alaricana: sesión plenarias, conferencias, eventos, anuncios importantes,... Esta información tamén estará dispoñible vía internet.
|
 Álfabetización Dixital ca Aula Itinerante |
|
|
- Alfabetización Dixital
Paralelo a estes programas, o Concello de Allariz vai programar actividades formativas en todo o territorio municipal mediante unha Aula Itinerante. A finalidade é acadar un coñecemento básico sobre o emprego destes novos servizos municipais.
|
|