O Concello de Allariz segue a ser pioneiro na maneira de xestionar e ofertar servizos públicos de interese para o cidadán.
O Punto de Dinamización en novas tecnoloxías é un servizo público para administrar e xestionar os proxectos relacionados con esta área, xunto coa divulgación e alfabetización dixital de veciños e veciñas.
Os sectores económicos da Vila e os servizos municipais atoparán aquí unha fonte de información e soporte á cal acudir antes de afrontar calquera tarefa baseada nas novas tecnoloxías.
Unhas oficinas que nacen cun carácter plural e transversal dentro das áreas municipais do Concello de Allariz, para afrontar e superar a fenda dixital, así como para obter unha vantaxe neste mundo competitivo e global que todos coñecemos como Sociedade da Información.
O Concello de Allariz, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, porá en marcha servizos municipais como unha intranet con centros sociais e TV por internet ao alcance dos veciños e veciñas de todo o territorio municipal, así como unha oficina virtual de cara a ofertar sevizos municipais on-line 24 horas ao día(proxecto Allariz 2.0 - Rede Social).
SERVIZOS Á CIDADANÍA Coa posta en marcha de novos servizos baseados nas novas tecnoloxías, é preciso que o cidadán atope un lugar onde poder resolver dúbidas sobre o seu funcionamento. Do mesmo xeito, este centro tamén terá como obxectivo coordinar accións formativas para que toda a poboación poida acadar un grao suficiente de alfabetización dixital e aproveitar, deste modo, estes novos servizos que agora o Concello de Allariz oferta.
|
- Expedición da Tarxeta de Cidadán.
Tarxeta para acceder, a través de internet, á oficina virtual do concello e realizar trámites e consultas.
- Asistencia Técnica.
Resolver as dúbidas e organizar xornadas formativas sobre o emprego dos novos servizos municipais.
- Aula Itinerante.
Mediante obradoiros e accións formativas vaise levar o coñecemento básico e actualizado sobre o emprego das novas tecnoloxías a todo o territorio nacional.
- Dinamización.
Xunto coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, coordinaranse accións de divulgación das novas tecnoloxías.
|
SERVIZOS A EMPRESAS E COMERCIO
Divulgar e fomentar o emprego das novas tecnoloxías no tecido produtivo e económico de Allariz, son parte das accións que se levarán a cabo en colaboración coas asociacións de comercio e empresas. O obxectivo é facilitar a modernización e aumentar a competitividade destas.
|
Asesoramento técnico. Asesoramento gratuíto de cara a informatizar ou acometer accións de índole tecnolóxica, tanto individual como colectivamente, nas empresas e comercios locais.
Formación. Organizar xornadas formativas para empregos básicos e específicos das TIC a nivel comercial.
Axudas e Financiación. Informar sobre axudas e formas de financiamento das novas tecnoloxías nos comercios e empresas.
Dinamización. Xunto coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información coordinaranse accións de divulgación e formación no emprego de ferramentas TIC.
|
|