Información sobre a Escola... A Escola On-Line... Contactar ca escola...


» presentación
» solicitude de ingreso
» tarifas
» o persoal
» calendario e horarios
» período de adaptación
» normativa pediatrica






Período de Adaptación

A asistencia por primeira vez a un centro educativo é para o voso fillo/a un feito moi significativo. Positivo, porque lle vai posiblitar o contacto con outros nenos e nenas da súa idade e o acceso a xogos e actividades que estimularán o seu desenvolvemento psicolóxico e social. Tede por seguro que, traéndoo á Gardería, estades a favorecer o seu futuro escolar e persoal.

Pero ó tempo, é tamén algo delicado. Sepárase por primeira vez do seu entorno habitual e das persoal coas que veu convivindo. Por primeira vez “na súa vida” enfréntase a un ambiente novo, extraño, no que ten que compartir a atención recibida con máis nenos e nenas. Por iso é frecuente (e normal) que, sobre todo nos días iniciais, os nenos choren e rexeiten as garderías.

Para favorecer a adaptación á nova situación cómpren algunhas medidas para as que vos solicitamos colaboración:

  1. Incorporación progresiva. Durante a primeira semana ir aumentando pouco a pouco os tempos de estancia (1 hora diaria) e graduar a incorporación dos nenos en distintos días.

  2. Evitar todo tipo de manifestacións que poidan transmitir ó neno/nena sensación de angustia ou inseguridade relacionadas coa súa asistencia á gardería (“pobriño...”, “como botabas de menos a mamá...”, abrazalo “desproporcionadamente” porque chora cando o imos buscar, etc.).

  3. Procurar, pola contra, transmitir expectativas positivas e interese “especial” polo relacionado co Centro (¡Cantos amiguiños novos! ¿Que fixeches, a que xogaches? ¡Que sitio tan bonito!, etc.).

  4. É recomendable que a asistencia sexa o máis regular posible, que se convirta nun hábito na vida do neno/a (se un día porque chora un pouco non o levamos, favorecemos que o seguinte día chore máis para non ir).

  5. A incorporación progresiva posibilitará que na Gardería se lle preste unha especial atención os primeiros días, mellorando a calidade da acollida e da adaptación/relación afectiva coas educadoras.

En calquera caso, e dado que a nosa intención é favorecer este proceso de adaptación no caso concreto do voso fillo/a, invitámosvos a plantexarnos todo tipo de dúbidas ou aclaracións que se vos poidan plantexar en relación con este tema.

© Concello de Allariz     +  +  +    Escola Infantil "Pañolín Rompenubes"    +  +  +   escolainfantil@allariz.com