Información sobre a Escola... A Escola On-Line... Contactar ca escola...


» presentación
» solicitude de ingreso
» tarifas
» o persoal
» calendario e horarios
» período de adaptación
» normativa pediatrica






Normativa Pediátrica

Co obxectivo de mellorar a asistencia ós nenos e nenas no relativo á prevención e atención a problemas de saúde e co fin de evitar ó máximo a diseminación ou inducción de enfermidades establécese, de acordo coa Asesoría Pediátrica, a seguinte normativa:

1.- Os pais, ó matricular ó neno neste Centro, aceptan e comprométense a cumprir as normativas que se expoñen.

2.- Mentres acudan á Gardería, os pais comprométense a administrar ós seus fillos as doses de vacinas actualmente recomendadas.

3.- Os pais comprométense a notificar as enfermidades que padecer os seus fillos, tanto se acoden á Gardería, como se están de baixa, cunha demora non superior a 24-48 horas. Importantísimo en enfermidades contaxiosas, incluso aínda que as padezan outros membros da familia (exemplo: hepatite, tuberculose, ...).

4.- No caso de que o neno enferme estando na Gardería, os pais deben recollelo o antes posible, unha vez que se lle notifique.

5.- Os pais comprométense a cumprir a normativa de exclusión de nenos enfermos que rexe no centro e que segue as recomendacións de diversas asociacións e entidades científicas de rango nacional e internacional.

6.- Os pais traerán á Gardería o mínimo de medicacións posibles polo risco que implica telas e administralas no centro. En todo caso, as doses de primeiras horas da mañá e da tarde procurarán dalas na casa.

7.- Cando se teña que administrar algunha medicación, indicarase por escrito o nome, horario e a dose exacta.

Normativa médica de EXCLUSIÓN. Por síntomas

  1. Temperatura elevada mantida (38º C rectal, ou máis).
  2. Vómitos repetidos (dous ou máis).
  3. Diarrea líquida (duas ou máis deposicións),sobre todo acompañada de febre.
  4. Tose intensa, que impida a actividade normal.
  5. Dificultade respiratoria.
  6. Secreción purulenta de ollos.
  7. Dor intenso, de calquera localización.
  8. Sempre que o neno, polo motivo que sexa, non poida seguir o desenvolvemento normal das actividades da Gardería.
  9. En todos aqueles casos nos que tras a consulta pertinente, así o recomende a Asesoría Pediátrica.

© Concello de Allariz     +  +  +    Escola Infantil "Pañolín Rompenubes"    +  +  +   escolainfantil@allariz.com