
|
Tarifas
| |
<
75% iprem
(<345,75/rpc) |
75%-150%
iprem
(<345,75 - 691,5 /rpc) |
+150%
iprem
(>691,5 /rpc) |
| XORNADA
COMPLETA |
35 |
70 |
100 |
| MEDIA
XORNADA |
28 |
56 |
80 |
| COMEDOR |
50 |
50 |
50 |
| XC +
COMEDOR |
85 |
120 |
150 |
| MX +
COMEDOR |
78 |
106 |
130 |
rpc:renda per cápita
REDUCCIÓNS:
- Familia numerosa: 20% de desconto sobre a
mensualidade.
- Familia monoparental: 20% de desconto
sobre a mensualidade.
- Irmáns no Centro: 20% de desconto sobre
a mensualidade.
Estas reduccións serán ademáis acumulables,
tendo que ser xustificadas coa documentación
oportuna.
Para solicitar reducción da mensualidade por
nivel de renda cómpre presentar, no Rexistro do
Concello, solicitude e xustificante de ingresos
de tódolos membros da unidade familiar, mediante
algún dos seguintes documentos: fotocopia da
Declaración da Renda ou certificado de non tela
presentado, última nómina, certificación de
percepción de prestación económica do INEM,
xustificante doutros ingresos, Informe de
Servicios Sociais.
O pagamento de tarifas será mensual mediante a
domiciliación bancaria.
A inasistencia do usuario durante un período
determinado non supón reducción ningunha nin
exención da tarifa, mentres non se formalice a
baixa correspondente.
BAIXAS
Causarase baixa na Gardería Infantil
por algunha das circunstancias seguintes:
1.- Por solicitude dos pais ou representantes
legais.
2.- Polo impago da cota establecida durante dous
meses consecutivos ou tres alternos.
3.- Por comprobación de falsidade nos documentos
achegados.
4.- Por falta de asistencia continuada durante un
mes sen causa xustificada.
As baixas producidas ó longo do curso escolar
por calquera dos motivos anteriormente expostos
cubriranse coas solicitudes que quedasen en lista
de espera.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Para os nenos/as que se incorporen por primeira
vez, establecerase un período de adaptación
(incorporación progresiva) que se comunicará
ós pais antes do inicio do curso.
SERVICIO DE TRANSPORTE
A cargo de Allarbús S.A.
|