ÁREAS DE TRABALLO
- COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL: o corpo e a propia imaxe, o xogo e o movemento, a vida cotiá e o coidado dun mesmo,…
- COÑECEMENTO DO CONTORNO: a vida en sociedade, os grupos sociais, as normas, os obxectos, os animais e as prantas,…
- LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN: a linguaxe oral, a expresión plástica, musical e corporal,…
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS
- Ambiente de aprendizaxe: espacios, materiais e tempos organizados de xeito que favorezan a construcción do coñecemento e o desenvolvemento da autonomía persoal.
- Relación con contorno: principais axentes do medio social: a escola e a familia. Escola libre de todo tipo de discriminacións por razón de sexo, raza, costumes, relixión ou calquer tipo de limitación física ou psíquica.
- Carácter globalizado da aprendizaxe: Visión global do mundo, un mesmo obxectivo pode ser abordado dende as distintas áreas de traballo. Fundamental: as rutinas e o xogo como instrumentos de aprendizaxe.
- Individualización do traballo educativo: Atención ás características individuais de cada crianza para acadar aprendizaxes significativas. Igualdade de oportunidades.
- Desenvolvemento de potencialidades: sensoriomotrices, intelectuais, sociais, afectivas e lingüísticas.
- Interacción social: construcción de novos vínculos afectivos: equilibrio e seguridade emocional na escola.
- Avaliación: da evolución e desenvolvemento das crianzas, da planificación educativa, da organización dos tempos, do traballos dos equipos educativos e da interrelación coas familias e a comunidade.
|