1.- ORGANIZACIÓN A proba está organizada polo Concello de Allariz.
2.- INSCRICIÓN Poderá realizarse en: - Piscina Municipal de Allariz (R/ Vilanova, Allariz) Teléfono e fax: 988442083
- Base: Redonet (Rúa Ervedelo, 21 - Ourense) Teléfono: 988222692 - Fax: 988225960
- Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 2080-0211-60-0040000016 que o Concello ten na sucursal de Caixanova, na rúa Pepe Puga,13, de Allariz.
para que a inscrición se faga efectiva deberase enviar por fax ou carta tanto o xustificante de ingreso como a ficha de datos.
- As datas de inscrición serán do 3 ao 19 de maio - O número máximo de participantes é de 1000. No intre de alcanzar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións. - O prezo é 15 euros.
- Información: piscina@allariz.com e Tlf. 988 44 20 83
3.- SAÍDA Farase dende a Alameda de Allariz na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.
4.- ROTEIRO Estará convintemente sinalado, para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con frechas de cor verde cada 50 metros para que non haxa ningunha posibilidade de perda.
5.- AVITUALLAMENTO Ó longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados en: 1.- Pumares, km. 8: auga e froita 2.- Allariz, km. 16: auga, froita e empanada 3.- Vilar de Flores, km. 23: auga 4.- Turzás, km. 27: auga, coca cola, froita e empanada 5.- Allariz, km. 38: auga, coca cola, froita e empanada 6.- Queiroás Grande, km. 44: auga. Coca cola e froita
6.- MASAXISTAS Dende as 13,00 h haberá masaxistas en Allariz.
7.- CONTROIS E CUALIFICACIÓNS Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento. Tódolos camiñantes que fagan a proba nun tempo de ata 12 horas terán a condición de clasificados. Farase entrega dunha camiseta alusiva da proba.
IMPORTANTE: Levarase o carné de participante en todo momento para o seu control na saida e nos puntos intermedios de cada etapa
8.- RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar semanalmente 80kms. dende dous meses antes.Consiste nun percorrido de 50 km. E non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar.
É moi importante:
- Gorra ou viseira, imprescindible para protexerse do sol do mediodía e evitar insolacións.
- Gafas de sol e crema solar (PROTECCIÓN).
- Coidado coa HIRATACIÓN e REPOSICIÓN DE SALES.
- - ¡¡¡COIDADO COAS VINCHOCAS!!! Elixir o calzado máis adecuado, atendendo ó terreo e climatoloxía.
En Allariz haberá vestuarios e duchas no Campo de Vilanova, dende as 13.00h. Tamén se poderá usar a piscina, imprescindible gorro de baño.
A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles ós participantes, pero tratará por tódolos medios de evitalos.
É recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido.
9.- SERVIZO DE GARDERÍA E TRANSPORTE Gardería: para nenos/as de 3 anos en adiante. Se estas interesado/a deberas confirmalo con atención á organización. Transporte: sairá dende Ourense (Parque de San Lázaro) ás 7.45 horas, con regreso á terminación.
10.- OBSERVACIÓNS Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ó control máis próximo. A Organización disporá dun servicio de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.
O máis importante é participar e procurar terminar.
Respeta a natureza, non deixes o lixo tirado.
Ó remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos das firmas patrocinadoras e colaboradoras entre tódolos participantes.
|