O Festival


Un espazo para observar, pasear, gozar … e poder soñar, ese foi o encargo do Concello de Allariz ós servizos técnicos municipais; Deseñar un proxecto único, o primeiro a nivel nacional, innovador e ilusionante.

Ampliar Foto...

Esta iniciativa singular pretende ofrecer a todos os veciños e veciñas a posibilidade de gozar dun novo espazo recuperado para uso público, na marxe dereita do río Arnoia. Coa súa realización damos un paso moi importante na consecución do Corredor Temático do Río Arnoia que fai do noso río un elemento de identidade, de ocio, de goce da natureza e tamén de dinamización económica.
Francisco García Suárez
(Alcalde de Allariz)