O concurso para a edición 2014 terá como tema “XARDÍNS DA ABUNDANCIA”. Ata o 15 de novembro de 2013 poderán presentarse as propostas que evoquen a abundancia de sensacións que os xardíns suxiren como lugares de repouso, benestar, lugares propicios para a relaxación do corpo e a alma, para a contemplación, a imaxinación... tamén como antídoto para a crise socioeconómica que padecemos e queremos combater cunha crítica á austeridade contra o estado de benestar.