Edición 2014 » Os xardíns da Abundancia


As visitas que recibe anualmente o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, máis de 30,000 este ano, convirten ao Festival nun lugar de referencia con gran capacidade de atracción.

A creatividade e a posta en valor da xardinería e o paisaxismo son os aspectos máis valorados polo público que se achega ata os xardíns.

A utilización do espazo como escaparate para o mundo empresarial, enfocado ao sector da xardinería e o paisaxismo, así como a realización dun programa de eventos culturais, contribúe a facer deste, un espazo de referencia.

Empresas como  Honda, Ecoplan ou Husqvarna presentaron os seus novos produtos no festival, e moitos veciños e veciñas realizaon reportaxes fotográficos persoais (vodas e comunións).

Tamén bloguers e empresas de moda solicitaron o espazo para os seus catálogos.