Ghesa Fuentes instalarase no Festival de Xardíns

30/04/2012

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz contará, na súa terceira edición, coa participación da firma Ghesa, empresa española de enxeñería e tecnoloxía referente a nivel mundial en tratamento ornamental da auga.

O Concello de Allariz asinaba, o pasado sábado, un convenio coa empresa Ghesa. O rexedor alaricano agradecía a aposta da firma española polo proxecto desenvolvido en Allariz e destacou a importancia de contar “cunha empresa da categoría e a experiencia de Ghesa que colabora de xeito desinteresado” ademais do respaldo que supón para o proxecto alaricano.

Pola súa parte, José Ignacio Carranza, director comercial de Ghesa, manifestaba o seu apoio ó festival de xardíns de Allariz “pola consolidación que ten esta iniciativa e por ser o único referente desta índole dentro do territorio español, servindo de referencia para un gran número de empresas e colectivos relacionadas coa xardinería, a arquitectura e o paisaxismo” ademais de ser o momento oportuno por ser o lema desta edición “Galicia, o país da auga”

FONTE CIBERNÉTICA MODULAR DE ALLARIZ
O proxecto da Fonte Cibernética Modular de Allariz contará con surtidores verticais tipo géiser de 5,5 metros, nubes de pulverización, palmeiras creada con surtidores parabólicos, cúpulas, coroas e a iluminación por Led.
Esta fonte realizarase con elementos modulares que serán recuperable e reutilizables tralo festival.

GHESA FUENTES
Dende o ano 1963 Ghesa Fuentes ten realizado máis de 3.000 fontes nos cinco continentes. Conta con proxección internacional e está situada entre as primeiras compañías de enxeñería no Estado.
A empresa como líder no sector foi elixida para participar nas Olimpiadas de Barcelona 92, Atlanta 96, Xogos do Mediterráneo de Túnez (2001), Festival de Cannes, Exposición de Isboa 98, inauguración do Museo Guggenheim de Bilbao, Expo Zaragoza 2008 ou a creación do conxunto de fontes cibernéticas de Lima, inscrito en el Guinness World Records.

www.ghesafuentes.com
 


    Festival Internacional de Xardíns de Ponte de LimaConcello de PontevedraInauguraciónMercado de Flores no Festival Internacional de XardínsNekane Comunicación