A separación na casa dos diferentes residuos é necesaria e obrigatoria, vainos permitir:

Separar a materia orgánica para facer compost, separar e reciclar os envases lixeiros, o papel e cartón e tamén o vidro e outros materiais que, coa súa venda ou reutilización permitiranos aproveitar o 80% do lixo que producimos.

Con este sistema o concello adopta o compromiso de conxelar as taxas en 50 € nas parroquias e 70 € en Allariz para os vindeiros 5 anos, faga o que faga e suba o que suba SOGAMA

Coa túa colaboración e compromiso, coa educación nos valores ambientais, reduciremos a produción e recuperaremos o tratamento do lixo tradicional no mundo rural e que hoxe é semellante ao das sociedades mais avanzadas.

Colaborarán neste programa de reciclaxe as universidades de Vigo e A Coruña e mais a asociación ecoloxista ADEGA.