Marrón, amarelo, gris, azul e verde.

Cinco fraccións, cinco cores:cada cousa no seu sitio.

 

materiaorganica
QUE É?
Restos de comida animal e vexetal (cru e/ou cociñado), panos da mesa, manteis de papel, papel de cociña manchados/usados, pousos de café, sacos de infusións, cunchas de marisco, cascas de froitos secos e ovo, ósos de froita e animais, flores, plantas, herba, serraduras, tapóns de cortiza natural, cinzas frías de madeira non tratada.

lixeiros
QUE É?
Latas metálicas, tetrabricks, botellas de plástico, envases de plástico, bandexas alimentarias de poliestireno, de aluminio e resto de materiais de aluminio; botes de plástico de iogur e sobremesas; tapas metálicas de envases, tapas e envases de pasta de dentes, bolsas, chapas de botella.

rexeitamento
QUE É?
Considéranse rexeitamento aqueles residuos domésticos que hoxe por hoxe, non teñen unha forma específica de reciclaxe. Algúns exemplos son: cueiros non reciclábeis, compresas e tampóns; biberóns, mamadeiras ou chupetes; material de escritorio gastado; excrementos de animal e terra para gatos; chisqueiros usados, cristais rotos (vasos, espellos, vidro), etc.

papel
QUE É?
Xornais, revistas, folletos, tanto a cor como B/N; sobres, folios, material de oficina; bandexas, pratos e vasos de papel, papel de cociña, panos da mesa e manteis de papel (limpos); oveiras de cartón, cilindros de cartón, embalaxes e protectores de cartón.

vidro
QUE É?
Botellas de vidro de calquera cor, botes de conserva de vidro de calquera cor, envases de cosmética de vidro, botellas rotas.