… coa Materia Orgánica?
- Se tes horta, cabazal, xardíns: Zona de esterqueira ou composteiro.
- Se tes animais: Dalle os restos.
- Se vives nunha zona próxima aos composteiros colectivos preparados e atendidos polo Concello: Apúntate no servizo e deposita alí os restos.
- Se non tes estas alternativas: Anótate para depositar a materia orgánica nos novos contedores marróns instalados. O Concello entregaré. de balde os cubos e bolsas biodegradábeis nas que botar a materia orgánica e a chave dos novos contedores.
- Se tes un restaurante, cafetería, residencia, panadería, pastelería, bar, colexio, hotel ou calquera outro establecemento que produza materia orgánica:
- Para producións pequenas, solicita as bolsas biodegradábeis.
- Para grandes producións, recibirás de balde bolsas e un contedor, que será recollido a través do servizo porta a porta.
- Se queres facer compostaxe individual: Anótate no Concello, e recibirás un composteiro e asesoramento do servicio municipal.
Para anotarse a calquera destas modalidades podes facelo:
– vía directa nas oficinas municipais
– telefónicamente nos números 988 55 40 06 / 607 59 20 29
– no enderezo electrónico recicla@allariz.com e dende a propio formulario da web www.allariz.com/re
… co vidro?
- Bótao nos iglús verdes.
- Se tes un establecemento de hostelería ou xeras moito vidro: Solicita de balde ao Concello un pequeno contedor, e despóis vacíao nos iglús.
- Aprovéitao na propia casa para reutilizar.
… cos envases lixeiros?
- Envases lixeiros, plásticos, latas, tetrabrickcs, etc. Só nos contedores amarelos.
… co cartón?
- Chama ao servizo municipal para entregalo na recollida porta a porta do Concello. Deberá entregarse pregado e o mellor atado posíbel se son caixas de cartón.
- Deposftao pregado dentro dos contedores azuis.
- Aprovéitao na propia casa para reutilizar.
… coa fracción de rexeitamento?
Tazas, pratos de cerámica, cueiros, bolsas de aspirador, compresas, tampóns, follas de afeitar, biberóns, cigarros,excrementos de animais e terra de gatos, gasas, apósitos, cristais rotos de vasos, espellos, vidros, etc.- Meter nunha bolsa e depositar no contedor verde de rexeitamento.
- Está prohibido depositar material de construción.
… con outros materiais
- Pilas, móbiles, electrodomésticos, fluorescentes e bombillas de baixo consumo: Lévaos aos puntos de recollida do Concello ou a calquera establecemento de venda.
- Trastos vellos, colchóns e voluminosos: Recollidos de balde polo Concello previo aviso no teléfono 988 44 00 01
- Aceites usados ou roupa e calzado: Deposítaos nos contedores de recollida específica.
- Medicamentos: Nos puntos SIGRE das farmacias.