GALEGO | CASTELLANO | ENGLISH
Teléfonos Oficinas 988 442 006    Cafetería 988 442 248     reatur@allariz.com

Excursións e visitas organizadas a Allariz

Actividades Lectivas

Ampliar Foto...
Ponte románica de Vilanova

Visitas Culturais

Esta actividade é unha das máis demandadas por colectivos, xa que damos unha ampla explicación de historia e arte da vila. Ademáis dentro destas visitas danse a coñecer os museos do Parque Etnográfico ( Museo do Coiro e Muiño do Burato ) , o Museo Galego do Xoguete, Museo da Moda,Museo de Vicente Risco e o Museo Iconográfico da Fundación Aser Seara. 

Tamén se fai referencia ó Proxecto de Ordenación e Recuperación Integral do Conxunto Histórico de Allariz.

Ampliar Foto...
Festival Internacional de Xardíns

Visitas ó Festival de Xardíns

O Festival Internacional de Xardíns é un espazo ubicado á beira do río Arnoia, cunha superficie de 12.500 m2. A tempada de apertura vai dende o 17 de maio ao 31 de outubro e no seu interior pódense contemplar zonas axardinadas e espazos de lecer que permanecen iguais tódolos anos, pero tamén hai 12 xardíns que se renovan cada tempada en función do tema elexido para cada ano e son deseñados cada un deles por un paisaxista internacional diferente.

A visita convértese nun agradable percorrido no que veremos xardíns moi orixinais, escoitaremos o son da auga no seu percorrido cara o río e descubriremos agradables recunchos cheos de paz.

Ampliar Foto...
Santa Mariña de Augas Santas

Visita a Sta. Mariña de Augas Santas

Esta visita mestura lenda e patrimonio histórico-artístico.

No núcleo de poboación poderán apreciar a igrexa de Santa Mariña (unha das xoias do románico da provincia) e coñecer a lenda da Santa.

Por unha calzada romana chegarase ata a basílica inacabada da Ascensión en cuia cripta se encontra o forno no que tentaron queimar a Mariña.

No castro de Armea (a poucos metros da basílica)  podense visitar as excavacións arqueolóxicas nas que se descubriu unha cidade romana.

Outras Actividades

Ampliar Foto...
Equitación

Cabalos

Posibilidade de entrar en contacto co mundo da equitación, montando en picadeiro, recibindo clases de hípica ou realizando rutas a cabalo.

Ampliar Foto...
Ruta Sendeirismo

Rutas de Sendeirismo

Organizamos rutas de sendeirismo para dar a coñecer o noso patrimonio natural.

Ampliar Foto...
Fábrica de Curtidos "Familia Nogueiras"

Paquetes Turísticos

Organizamos paquetes con aloxamento en bungalós, pensión compreta e actividades para que non se teñan que preocupar de coordinar con diferentes empresas os distintos servizos.

TARIFAS

Museos con Casco Histórico

GRUPO GUIA PREZO
25 P 1 72,00€
50 P 1 97,00€
100 P 2 173,00€
150 P 3 255,00€
Xardíns   2,00€ / pers.
Entrada Museos   1,00€ / pers

Museos sen Casco Histórico

Nº Museos GUÍA 25 P GUÍA 50 P
1 41,00€ 46,00€
2 46,00€ 51,00€
3 51,00€ 56,00€
4 56,00€ 61,00€
5 61,00€ 66,00€

Cabalos

  PREZO
Cabalos 50 nenos 68,00€
Poni 25 nenos 56,00€

Paquetes con aloxamento

Incluen pensión completa e actividades.

ALOXADOS EN BUNGALÓS ALOXADOS EN CAMPING
2 días / 1 noite 61,00€ 2 días / 1 noite 55,00€
3 días / 2 noites 106,00€ 3 días / 2 noites 95,00€
4días / 3 noites 152,00€ 4días / 3 noites 134,00€
5 días / 4 noites 197,00€ 5 días / 4 noites 174,00€