www.allariz.com

galego | castelán | english

 

    Coñece Allariz      Organiza a túa viaxe      Gastronomía      Ocio      Descargas      Multimedia      Axenda

 

Coñece Allariz

Coñece Allariz » Santa Mariña de Augas Santas

 
Santa Mariña de Augas Santas

Ampliar Foto...
A Igrexa de Sta. Mariña
Santa Mariña de Augas Santas está situada a 6 quilómetros de Allariz, entre os montes de Armariz e o dos Canteiros, entre os vales do Río Arnoia e o Río do Barbaña.

No ano 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico o contorno da Igrexa de Santa Mariña e no ano 1963 a comarca Conxunto Histórico Artístico.

Sta. Mariña de Augas Santas constitúe un atractivo conxunto histórico, artístico e paisaxístico no que se mesturan historia, tradición e lenda.

Ampliar Foto...
Fontes do Martirio da Santa
A tradición nace vinculada á existencia e martirio de Mariña, que se resiste aos desexos dun prefecto na Cidade de Armea, chamado Olibrio, que utilizou todo tipo de estratexias para vencer a súa resistencia, incluída a cadea, o xuízo e o castigo. Pero nada deu resultado ante a férrea vontade da moza, nin o látego, nin o diaño en forma de dragón…Condenada a morrer abrasada nun forno próximo, sairá viva grazas a San Pedro que a deixou á beira dun estanque. Finalmente, o prefecto ordenou que lle cortasen a cabeza, que foi tallada dun golpe, pero botou tres veces, manando unha fonte de cada bote. No lugar no que foi enterrada xurdiu un templo, no que ninguén máis foi soterrado.

Ampliar Foto...
Carballo da Santa (desparecido)
A presenza de restos castrexos e romanos na zona, foi aproveitada pola tradición para vinculalos ao martirio da Santa, engadíndolle posteriormente outros elementos como a Santa de Pedra (do século XVIII) ou o Carballo da Santa (xa desaparecido) e impregnando todo o conxunto dun sentido cristián.

Monumentos, fontes, árbores e lugares constitúen así o pano de fondo dunha lenda que segue viva, enraizada en tres elementos fundamentais: paisaxe, pedra e, por suposto, auga.

O pobo de Santa Mariña de Augas Santas conta cun Núcleo Histórico Semellante – salvando as dimensións- ó Casco Histórico de Allariz. Despois de meses de traballo, en maio de 2007 o casco presenta unha imaxe renovada.

Ampliar Foto...
Rehabilitación de Sta. Mariña
O acordo entre o Concello de Allariz e a Consellería de Vivenda e Solo facilitou este cambio con obras de soterramento de cableado, canalizacións e telefonía, e empedrado de rúas.

O núcleo de Santa Mariña é moito máis; é desenvolvemento económico. A artesanía voltou ás rúas. Os cesteiros dantano rexorden hoxe na figura de Toño, que lembra, mais tamén ensina, este oficio aos máis cativos.

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Turismo de Galicia

Reserva da Biosfera - Área de Allariz

Mercado da Reserva da Biosfera

Centro Comercial Outlet

OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN

Paseo da Alameda s/n
32660 ALLARIZ - Ourense
Tlf. 988 44 20 08
informacion@allariz.com

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting