www.allariz.com

galego | castelán | english

 

    Coñece Allariz      Organiza a túa viaxe      Gastronomía      Ocio      Descargas      Multimedia      Axenda

 

Coñece Allariz

Coñece Allariz » Ecoespazo O Rexo

 
Ecoespazo O Rexo

Situado na parroquia de Requeixo de Valverde, o Ecoespazo do Rexo é a obra resultante dunha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola sobre un espazo natural reutilizado.
Ampliar Foto...

Baséase na harmonización de elementos naturais contidos na propia paisaxe: árbores, pedras, terra, auga... coa achega de materiais reutilizados e presentes na cultura galega: granito e lousa, para integralos nela, transformándoa así nun espazo único construído empregando, de modo integral, as enerxías renovables.

A colocación das pedras pintadas, paralelas a unha canle de auga onde unha minicentral eléctrica rehabilitada produce enerxía, mostra o percorrido do sol e da lúa no ceo e o seu aliñamento.

As pinturas nos troncos e nas pólas dalgunhas árbores nas dúas marxes do río sitúanse en lugares estratéxicos e moi concretos. Esta obra está relacionada coa cultura dos signos e co sinal do sentido das cousas. O autor, Ibarrola, enriquece e multiplica a cor e as xeometrías das pinturas segundo o ángulo dende o que se mire, xogando coa perspectiva.
Ampliar Foto...

O Ecoespazo do Rexo é hoxe unha icona cultural e de ocio cunha mensaxe clara: o desenvolvemento do individuo e o goce do medio natural son compatibles. Así o demostra o feito de que se integren no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite (que produce queixo curado de ovella) e unha queixaría que pode ser visitada.

Ademais da paraxe singular, este espazo acolle a granxa-escola e o Centro de Educación Ambiental, lugares onde os máis novos poden aprender as faenas gandeiras, co obxectivo de favorecer a creación de explotacións no medio rural e así evitar o seu despoboamento, ademais de contribuír á limpeza do monte.

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Festas de San Bieto 2016

Reserva da Biosfera - Área de Allariz

Mercado da Reserva da Biosfera

Centro Comercial Outlet

OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN

Paseo da Alameda s/n
32660 ALLARIZ - Ourense
Tlf. 988 44 20 08
informacion@allariz.com

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting