Allariz ofréceche unha ampla oferta de actividades que poderás compartir en parella, en familia, con amigos e mesmo con compañeiros de traballo, de maneira individual ou en grupo.
A través da Oficina de Información coñecerás tódalas posibilidades que che ofrece o noso concello: culturais, ambientais, comerciais ou deportivas, entre outras.
Resultarache moi sinxelo desprazarte por Allariz, localizar o teu aloxamento ou restaurante, nos que están presentes a comodidade e a calidade.
|