Allariz recibe a visita de numerosos grupos de turistas que organizan a súa viaxe a través da empresa municipal REATUR S.A., quen se encarga de xestionar a visita.
REATUR axúdache a planificar a túa viaxe e ofréceche diferentes actividades que podes realizar no concello alaricano. Ademais existe a posibilidade de contratar guías que che axuden no teu paseo en grupo pola vila e arredores.
Xúntate coa túa xente, contacta con REATUR no teléfono 988 44 20 06 e elixe a túa viaxe.
|