Esta actividade é unha das máis demandadas polos turistas, na que se explica a historia e arte da vila. Ademais poderás coñecer os museos do Parque Etnográfico (Museo do Coiro, Museo “O Fiadeiro” dedicado á planta do liño, e Muíño do Buraco), o Museo Galego do Xoguete, Museo de Vicente Risco e o Museo Iconográfico da Fundación Aser Seara. Tamén coñecerás o proxecto de Ordenación e Recuperación Integral do Conxunto Histórico de Allariz.
|