|
|
|
Gastronomía »
|
|
|
|
Gastronomía
|
O Queixo do Rexo e os embutidos da zona son o entrante perfecto dun rico manxar acompañado de produtos típicos alaricanos e galegos. Para continuar en calquera dos nosos restaurantes poderás degustar a cociña típica galega. Tradicional ou moderna, atoparala en tódalas cartas. Todo isto aderezado coa beleza natural da situación destes locais e unha especial filosofía de atención ao cliente. Para rematar o doce típico alaricano. Mazapáns, tortas, melindres, así como o licor son produtos que non poderás deixar de probar ao teu paso pola vila de Allariz. En pastelerías, tendas delicatessen ou restaurantes atoparás exquisitos produtos típicos capaces de seducir o máis esixente dos padais.
|
|

.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
|