www.allariz.com

galego | castelán | english

 

    Coñece Allariz      Organiza a túa viaxe      Gastronomía      Ocio      Descargas      Multimedia      Axenda

 

Ocio

Ocio » Turismo Natural e Activo

 
Turismo Natural e Activo

Allariz atesoura un rico patrimonio natural, patente nas súas paisaxes de soutos e carballeiras, ou no paseo do Arnado, entre a Alameda e a ponte románica de Vilanova: a beleza do seu conxunto e o sosego que producen as augas remansadas do río Arnoia, merecéronlle que un escritor alaricano o denominase como “el medio kilómetro más bonito de España”. Allariz tamén ofrece a posibilidade de disfrutar dunha maneira activa deste patrimonio natural a través de diferentes actividades como son: 
HIPICA
Ampliar Foto...
O cámping Os Invernadoiros alberga picadeiro e cortes con máis de 30 prazas de pupilaxe, onde se organizan cursos de equitación, rutas a cabalo e sesións de monta no picadeiro.
 
PASEOS EN BARCA POLO RÍO ARNOIA
Ampliar Foto...
Durante a época estival, dende o mes de abril ata outubro, poderás dar un paseo en barca polo río Arnoia dende o embarcadoiro situado na Alameda de Allariz.
 
SENDEIRISMO
Ampliar Foto...
Allariz conta con máis de 100 km de rutas aptas para realizar actividades de sendeirismo ou bicicleta, válidas para calquera nivel. Os camiños permiten gozar de contornos á beira do río, así como na montaña dende onde se divisa o val do Arnoia.

Ademais destas actividades que se poden realizar na localidade, nas proximidades o visitante pode gozar doutras como descenso de canóns en Kayac e canoa, hidrospeed, rafting... Para máis información é preciso consultar a Reatur, a empresa municipal de Turismo, que xestiona este tipo de actividades.

REATUR S.A. - Cámping Os Invernadoiros 32660 ALLARIZ OURENSE
Tlf. 988442006     reatur@allariz.com

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Turismo de Galicia

Reserva da Biosfera - Área de Allariz

Mercado da Reserva da Biosfera

Centro Comercial Outlet

OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN

Paseo da Alameda s/n
32660 ALLARIZ - Ourense
Tlf. 988 44 20 08
informacion@allariz.com

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting