www.allariz.com

galego | castelán | english

 

    Coñece Allariz      Organiza a túa viaxe      Gastronomía      Ocio      Descargas      Multimedia      Axenda

 

Ocio

Ocio » Turismo Deportivo

 
Turismo Deportivo

Allariz dispón de lugares e paraxes con encanto nos que se poden practicar diversos deportes.

Ampliar Foto...
Existen na súa contorna 100 km de rutas aptas para realizar actividades de sendeirismo, incluso moitas delas permiten realizar grandes rutas de bicicleta de montaña, ou mesmo a cabalo. Os sendeiros e camiños permiten gozar dun contorno con rutas en ambos sentidos nas marxes do mesmo río e da montaña, con subidas ata o monte Penamá, dende onde se ve todo o val do Arnoia ao seu paso por Allariz.

Outro dos encantos de Allariz é o río Arnoia, que atravesa a vila. É o motor da vila, no que se poden realizar actividades como natación ou piragüismo.

Ampliar Foto...
Destacan, ademais, un grande número de infraestruturas deportivas nas que se desenvolven as distintas actividades programadas ao longo do ano, como o Complexo de Vilanova. Formado por unha piscina climatizada interior, dúas piscinas exteriores, unha para adultos e outra infantil, e tamén con salas de musculación, aerobic e sauna. Este espazo conta cunha zona verde de mais de dez mil metros cadrados como lugar de ocio e esparexemento, nas que se atopa un parque infantil.

Ampliar Foto...
Ao longo do ano, Allariz acolle multitude de visitantes que se achegan para participar nos diferentes eventos deportivos que se organizan. O evento máis importante en canto a número de participantes é a Andaina Vila de Allariz “50 Km en 12 horas”; unha proba longa que pretende potenciar e dinamizar o fermoso itinerario por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores.

As outras probas que se realizan son: o Triatlón Vila de Allariz, que se fai coincidindo coa festa da empanada no mes de agosto; O Triatlón por relevos; a subida a Guimarás (subida en bicicleta ao pobo de Guimarás, situado a 6 Km de distancia) e a derradeira do ano, carreira que se realiza o 31 de decembro.

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Turismo de Galicia

Reserva da Biosfera - Área de Allariz

Mercado da Reserva da Biosfera

Centro Comercial Outlet

OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN

Paseo da Alameda s/n
32660 ALLARIZ - Ourense
Tlf. 988 44 20 08
informacion@allariz.com

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting