www.allariz.com

galego | castelán | english

 

    Coñece Allariz      Organiza a túa viaxe      Gastronomía      Ocio      Descargas      Multimedia      Axenda

 

Ocio

Ocio » Turismo de Compras

 
Turismo de Compras

Para os incondicionais das compras, na vila non faltan tendas de firmas de prestixio galego no Centro de Outlets e pequenas tendas cheas de encanto, nas que adquirir dende un simple recordo a un artigo de luxo. Nos seus escaparates poderás contemplar as últimas tendencias en deseño e moda, ou atopar auténticas marabillas elaboradas artesanalmente.

Ampliar Foto...
O centro comercial Outlets está formado por 19 tendas de grandes deseñadores cuxos establecementos discorren en pleno casco histórico de Allariz. Abertas de luns a domingo, teñen como principal atractivo os descontos que ofrecen xunto coa calidade dos produtos ofrecidos. Estas características fan deste un proxecto pioneiro.

Ampliar Foto...
Estas tendas mestúranse coas de artesanía ou delicatessen e doces de Allariz. Artesáns de hoxe, herdeiros dos antigos oficios tradicionais alaricanos: doces, amendoados, chocolates, licores, repuxados de coiro, cerámica artística, pezas de liño, encaixes, esmaltes, ourivería celta...

Turismo de compras como elemento fundamental na oferta turística, moi importante na vida económica e tamén na promoción turística da capital. Patrimonio cultural e outlet son atractivos que se complementan á perfección en Allariz.

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Turismo de Galicia

Reserva da Biosfera - Área de Allariz

Mercado da Reserva da Biosfera

Centro Comercial Outlet

OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN

Paseo da Alameda s/n
32660 ALLARIZ - Ourense
Tlf. 988 44 20 08
informacion@allariz.com

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting