Ademais das mencionadas anteriormente, en Allariz celébranse festas de carácter tradicional con grande arraigo popular. As Festas de San Bieito, festas patronais de Allariz, celébranse en xullo coincidindo coa festividade de San Bieito. Nela destaca a presenza dos xigantes e cabezudos de Allariz.
Xigantes no San Bieito
Festa da Empanada
A Festa da Empanada, é unha festa gastronómica celebrada a terceira fin de semana de agosto; ten a súa orixe no desexo de homenaxear aos veciños que por diversos motivos tiveron que emigrar.
O Entroido, o San Xoan, a Romería de Vilar de Flores ou os encontros veciñais, xunto coas feiras e outras actividades deportivas conforman o calendario festivo alaricano.
O Entroido
Encontros Veciñais
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN Paseo da Alameda s/n 32660 ALLARIZ - Ourense Tlf. 988 44 20 08 informacion@allariz.com