|
Ao longo de dous meses e medio, preto de 50 veciños e veciñas de Allariz con moitas ganas e ilusión participaron na creación deste serial televisivo centrado nos desencontros familiares en torno a unha herdanza.
Esta historia parte da morte da Artemia Alvarez Vila unha viúva con tres fillos: José Benito que vive coa sua familia, a súa esposa Carmen e dous fillos, na casa da súa nai Artemia nun pobo do concello de Allariz; Luis casado con Sagrario, tamén con dous fillos, e residentes en Eibar; e Eloy, que despois de casarse en Bande con Raquel marchou a vivir a París pero Raquel regresou a Galicia soa e embarazada.
Estes tres irmáns reencóntranse no enterro da súa nai e desde ese momento comezan a xurdir os roces e desencontros entre eles e as súas respectivas familias.
|