Videos » Outros Videos » Festa Grande de Sta Mariña
Festa Grande de Sta Mariña A tradición popular atribúe ao auga da fonte de Augas Santas virtudes taumatúrxicas. A basilica en estilo románico divídese en tres naves . Foron os canónicos regulares de Sant´Agostino no século XII quenes comezaron a construción do Santuario. Os Templarios, no século XIII, levaron a cabo a obra. Na fachada da igrexa resalta un gran florón lobulado que ilumina a nave interior á dereita do cal destaca o relicario da Santa, ao redor do cal os peregrinos e os fieis, en proba de amor e fe cara a Santa Mariña, fan nove voltas completas. Augas Santas é un epicentro turístico e de devoción non moi lonxe de Allariz e da cidade de Ourense. A FESTA GRANDE para Santa Mariña do 18 de xullo ten unha chamada irresistibile e é colorida pola solemne procesión cos estandartes, os pendóns e a participación de centenares de peregrinos.