Nos primeiros anos da década dos 90, conformouse o mapa asociativo municipal, impulsando a constitución de asociacións que dende o primeiro momento contribuíron á dinamización, tanto dos núcleos rurais, como da vila.
A Concellería de Participación Cidadá facilita as canles de interacción dos cidadáns coa administración local ,atendendo ás reivindicación e demandas dos diferentes colectivos que os representan, ao tempo que lles ofrece asesoramento, apoio e medios materiais para facer realidade os seus proxectos.
En maio de 1995 foi aprobado polo Pleno da Corporación o Regulamento de Participación Cidadá, publicándose no “BOP” do 31 de maio dese mesmo ano.
Ver Regulamento de Participación Cidadá
Atención e información Lugar: Casa do Concello Atención telefónica: 988 44 00 01
Mapa asociativo municipal • Veciñais • Culturais e artísticas • Deportivas • Educativas • De muller • Xuvenís • Profesionais
Recursos e accións • Locais das asociacións nas parroquias e axudas para o seu mantemento • Cesión de espazos municipais, mediante convenios cos diferentes colectivos • Subvencións para o fomento de actividades das asociacións veciñais • Asesoramento na xestión de axudas externas • Programas de dinamización nos pobos • Organización de Encontros Veciñais • Asambleas veciñais