Esta iniciativa lúdico-educativa empezou no ano 1992 nos locais onde hoxe está ubicada a Biblioteca Municipal na Casa da Cultura. Despois ocupou o edificio da antiga Gardería Municipal na praza de Santo Estevo e na actualidade instalouse na pranta baixa das antigas vivendas dos mestres do CEIP Padre Feijoo. Os máis cativos teñen un lugar onde xogar, divertirse, relacionarse e aprender dun xeito lúdico.
A súa apertura céntrase nos meses de xullo e agosto en horario de 11:30 a 13:30h.
Contacto: Casa da Cultura - 988 440 859 - cultura@allariz.com
|