 Vista xeral da Biblioteca |
| A Biblioteca Municipal conta con máis de 13.300 rexistros bibliotecarios que se distribúen nas distintas seccións que en xeral se clasificarían en literatura infantil e xuvenil e de adultos. Recibe ademais catro xornais diarios así como un número aproximado de 15 revistas ou publicacións periódicas. Non tódolos libros están expostos na biblioteca, unha parte importante deles almacénanse no arquivo.
Conta cun amplio horario de atención ao público: luns a venres de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.
Os SERVIZOS que a Biblioteca ofrece son os seguintes:
.JPG) Servizo de Internet gratuito na Biblioteca |
| - Préstamo domiciliario: Cesión temporal (15 días) de ata 3 obras para a lectura na casa.
- Internet gratuíto: Existen once ordenadores á disposición dos usuarios para as consultas en internet, quedando prohibidas as páxinas XXX, os xogos e o uso dos chats.
- Lectura na sala: Posibilítase a consulta de libros dentro da Biblioteca para a realización de deberes, traballos, etc.
- Hemeroteca local: Existe unha sección na que se recolle toda a información sobre Allariz publicada nos xornais La Región e La Voz de Galicia.
Para poder beneficiarse tanto do préstamo domiciliario como para o uso de internet é preciso rexistrarse como SOCIO DA BIBLIOTECA. Únicamente presentando o DNI e dúas fotografías tamaño carnet o usuario adquire a categoría de socio.
Entre as ACTIVIDADES que se realizan na Biblioteca existen varios programas encamiñados a conseguir novos lectores e a fomentar a lectura entre os usuarios. Destacan:
 Actividades de Lectura |
| - “Ratos na Biblioteca”. Programa elaborado pola Concellería de Cultura e Educación, que da a coñecer a biblioteca e os seus servicios aos escolares de Allariz.
- Encontro con escritores e/ou ilustradores de literatura infantil e xuvenil, para os centros de ensino
- Programación de obras de títeres, contacontos e teatro dentro da campaña de animación á lectura.
|