A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais dos escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades. Nela estableceranse as debidas medidas de vixilancia e atención educativa que necesiten os nenos e as nenas en función da súa idade.
Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ao seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ao colexio, que no caso de Allariz é as 10:30 h
Coa incorporación nos últimos anos da muller ao mercado laboral, faise necesario ofrecer servizos que axuden a conciliar a vida familiar e laboral. Neste caso concreto, estamos a falar dun servizo que favoreza a atención aos máis pequenos.
Beneficiarios Os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade comprendida entre os 3 e 11 anos, que se corresponde co período escolar de 1º de educación Infantil a 6º de educación primaria.