|
|
|
Medio Ambiente » Explotacións Extensivas » O Rexo
|
|
|
|
O Rexo |
A Fundación Ramón González Ferreiro, creou no marco dun proxecto de sustentabilidade global, a Escola Silvopastoril de Allariz, na que se forman nov@s gandeir@s, e se exemplariza a introducción de gando ovino e cabrún de leite na Galiza. Co acondicionamento destes terreos abandonados xorden novos pastos utilizados en proxectos de gandería extensiva, destacando o establecemento de rabaños de ovellas e cabras para a producción de leite e carne, acadando deste xeito o mantemento do noso contorno rural e a fixación da poboación. Este proxecto foi recoñecido a nivel internacional coa súa inclusión no Catálogo de Español de Boas Prácticas, merecendo a cualificación de GOOD por parte do Centro das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos ( CNUAH).
Froito desta experiencia piloto é un rebaño de ovellas latxas que manteñen limpa unha superficie anteriormente abandonada de 20 ha, e permiten elaborar o primeiro queixo de ovella galego. Dentro das actividades da Escola están a formación e reciclaxe de gandeiros de ovino e cabrún, as charlas a rapaces e maiores, e as prácticas de estudantes universitarios.
|
|

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
|
|