O Punto de Información Catastral (PIC) é un servizo que realiza o Concello de Allariz en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda.
Este servizo é gratuíto para todos os veciños e veciñas.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, así pois neste punto se expediran unha serie de certificación catastrais.
Os servizos se poden solicitar no seguinte enderezo: Casa do Concello Praza Maior,1 Tlf. 988 44 00 01
|