A Asociación de Comerciantes de Allariz é unha entidade sen ánimo de lucro que a día de hoxe consta con 71 asociados de practicamente todos os sectores comerciais.
Fundada no ano 1998, dende a súa creación perseguiu, como únicos fins; o apoiar e potenciar ó máximo posible o pequeno comercio alaricano a través de diversas iniciativas e convenios que sirvan de axuda ó comerciante.
Dende a Asociación promóvese a formación, organizando cursos formativos cada pouco tempo que, sobre todo, están orientados a fomentar as novas tecnoloxías como algo cotián.
A defensa dos asociados ante calquera organismo público ou privado tamen é un dos deberes da Asociación así mesmo informar os asociad@s sobre axudas e subvencións que poidan resultarlles de interese.
Outro labor de importancia que se leva a cabo é o de impulsar iniciativas publicitarias periodicamente: con promocións conxuntas, sorteos, etc, co fin de ofrecer atractivos ó consumidor á hora de realizar as súas compras.
» Páxina Web da Asociación de Comerciantes
Datos de Contacto Asociación de Comerciantes de Allariz Centro de Promoción Económica R/ O Portelo,4 32660 Allariz Ourense Tlf. 687 84 24 39 comercio@allariz.com www.comercioallariz.com
|