A Asociación Cultural Xan de Arzúa ven traballando desde 1988, uns anos despois da recuperación da festa.
Por ela pasaron varias xeracións de veciño/as, e aínda que inicialmente a súa labor era a organización e mantemento da festa do boi e eventos paralelos que se puideran realizar durante eses días, pouco a pouco e a medida que a festa cobraba maior dimensión en días e eventos fóronse facendo outras actividades e traballos durante todo o ano.
Labor Social Un dos valores máis importantes da nosa Asociación quizás é o labor social que desempeña, chegando a integrar dentro do seu organigrama a xente de diferentes idades, dende 18 a 80 anos, xa sexa para traballar activamente na organización da asociación ou simplemente para colaborar nos diferentes eventos ou traballos que fai a Asociación.
Compromiso ca Festa do Boi Ter unha festa tan antiga coma é a nosa implica unha responsabilidade importante para que non se perda, e como responsables da mesma, desde a A.C. Xan de Arzúa comprometémonos a velar porque se conserve e se transmita de xeración en xeración os valores da festa e sobre todo as tradición da nosa cultura popular e que non quede no esquecemento todo aquelo que viviron os nosos devanceiros e que sustenta a base da nosa tradición.
Esta responsabilidade implica á nosa A.C. non so a celebrar anualmente a Festa do Boi senón a poñer medios e ideas para expandir eses valores por diferentes medios: escritos, artísticos, culturais…
Datos de Contacto Asociación Cultural Xan de Arzúa San Lázaro 13 32660 Allariz - Ourense festadoboi@allariz.com
|