|
14/08/2009.- ACTUALIDADE MUNICIPAL
Allariz celebra a tradicional Festa da Empanada dende o 21 ó 23 de agosto, un fin de semana gastronómico no calendario alaricano.
A Festa da Empanada celebrada anualmente no verán ten a súa orixe no ano 1971. Desenvólvese nun marco incomparable, na ribeira do río Arnoia, cecais un das características máis importantes que se debe resaltar.
Pero a festa gastronómica tamén acolle actividades deportivas como o Triatlón Vila de Allariz, ou o Campionato tradicional da Billarda, e actuacións musicais con orquestras e música galega.
|