|
|
Actualidade » Urbanismo
|
|
|
A arquitecta municipal Marta Somoza e Celestino Feijóo reciben unha mención polo Proxecto de Rehabilitación de Santa Mariña de Augas Santas |
|
26/01/2010.- URBANISMO  O premio de arquitectura Rodríguez Peña que se entregará hoxe en Santiago de Compostela outorgado pola Fundación Galiza Sempre concede unha mención dotada de 1.500€ a Marta Somoza Medina, arquitecta alaricana, e o aparellador Celestino Feijóo, responsables da obra “Pavimentación e mellora dos espazos libres no núcleo de Santa Mariña de Augas Santas” en Allariz.
Este galardón premia ós mellores traballos de rehabilitación e recuperación do patrimonio construído en Galicia valorando a contribución do patrimonio galego para adaptalo a novos usos respectando identidade e calidade.
Marta Somoza expresaba a súa alegría sinalando que o “máis importante é o recoñecemento deste traballo con este premio e cunha publicación que fará que o proxecto sexa coñecido”
Proxecto de Santa Mariña de Augas Santas
O Concello de Allariz comezaba no ano 2006 a posta en marcha do PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DOS ESPACIOS LIBRES NO NÚCLEO SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, un proxecto que pretendía poñer en valor este núcleo poboación seguindo o modelo de recuperación levado a cabo no Casco Histórico de Allariz.
A mellora e recuperación do patrimonio existente, a mellora das infraestructuras correspondentes ás redes de saneamento,abastecemento, baixa tensión, telecomunicacións e alumeado público e mesmo pavimentación, xunto coa dinamización económica do lugar coa Escola de Cestería como exemplo, son obxectivos deste proxecto materializados na actualidade e premiados cunha mención no Premio de arquitectura Rodríguez Peña.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|


.jpg)
.jpg)
.jpg)
(1).jpg)
.jpg)

|