Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Actualidade e Participación
icono menu Seccións
» Actualidade Municipal
» Axenda de Actividades
» Deportes
» Cursos e Formación
» P. Económica e Emprego
» Urbanismo
» Medio Ambiente
» Administración Local
 


 

icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
       
  Día con Novas
 
 

Actualidade » Axenda de Actividades

 

Entroido 2010


Ampliar Foto...
02/02/2010.- AXENDA DE ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ...
Do luns 15 ó 17 de febreiro terá lugar en Allariz a tradicional Festa do Entroido que coma tódolos anos conta cunha programación chea de actividades para tod@, pequenos e maiores.

O luns 15 celebrarase a Festa infantil a partir das 17:00h na Praza de Abastos. Todos os nenos e nenas poderán celebrar con xogos o ciclo do entroido, dende o fareleiro ata o sábado de piñata co que rematará esta festa.

O día grande do Entroido, o martes, a partir das 17:30h sairán á rúa as comparsas que desfilarán dende a Estrada de Xunqueira ata a Praza de Abastos acompañadas polas charangas “Os vikingos de Catoira” e os “Mercianos de Merza”

Ó remate do desfile a Orquestra D´Moda de Pontevedra actuará na Praza de Abastos onde se dará a coñecer o fallo do xurado como resultado do concurso de comparsas.

Para despedir o Entroido, o mércores 17 ás 20:00h da tarde na Praza maior terá lugar o habitual Pranto de entroido. Queimarase o meco no Campo dos Brancos (detrás da Casa da Cultura) dicindo adeus ó Entroido 2010.

De xeito complementario estanse a celebrar no Centro de ensino Padre Feijóo os obradoiros de compadres e comadres para que os nenos e nenas coñezan as raíces do noso Entroido.

Concurso de Comparsas.
Como todos os anos as comparsas que desexen participar no concurso teñen que inscribirse na Casa da Cultura antes do 12 de febreiro.

 

Descargar Documento... Bases Concurso de Comparsas

 

 



Boletins Municipais

Axenda de Eventos e Actividades

Actividade Cultural - Verán 2010

Arte de Man - Feira de Artesanía

Reperkusion 2010

Perfil Contratante

Festival Internacional de Xardíns

Radio e Televisión de Allariz

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting