Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Actualidade e Participación
icono menu Seccións
» Actualidade Municipal
» Axenda de Actividades
» Deportes
» Cursos e Formación
» P. Económica e Emprego
» Urbanismo
» Medio Ambiente
» Administración Local
 


 

icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
       
  Día con Novas
 
 

Actualidade » Axenda de Actividades

 

Dinamización social nas asociacións veciñais do rural alaricano


Ampliar Foto...
04/02/2010.- AXENDA DE ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ...
O departamento de Benestar Social continúa coa súa labor de dinamización no rural. Esta semana remata o traballo cos grupos de mulleres das asociacións veciñais de Nanín, Valverde e Roiriz, o mesmo que comezará nos vindeiros días en Torneiros, Amiadoso e Seoane.

Esta actividade pretende achegar a programación “que contempla a igualdade xunto co envellecemento activo centrado no amor e na igualdade” segundo nos explica Ana Cardoso, técnica de Igualdade.

As sesións desenvolvéronse mediante reflexións grupais das que foron extraídas as conclusións das mulleres do noso rural, que inaugurarán as VI XORNADAS PARA A IGUALDADE do mes de marzo.

Pero, ademais desta actividade, as educadoras familiares acudirán a Gundiás para explicar ó grupo de mulleres o procedemento para a decoración dunha tella, un traballo que segundo a técnica “axuda a incentivar a autonomía das asociacións veciñais a través de xuntanzas pensadas e organizadas polos propios grupos que forma parte, ademais, dos rasgos de empoderamento feminino, tomar decisións en igualdade de dereitos e condicións que os compañeiros varóns”

Escola de Familias A Orella Verde

A Escola de Familias A Orella Verde adicará o mes de febreiro a un novo tema centrado nas habilidades sociais e liderazgo dende o pensamento feminista caracterizado pola horizontalidade e a fórmula "eu gano, ti ganas"

 

 

 



Boletins Municipais

Axenda de Eventos e Actividades

Actividade Cultural - Verán 2010

Arte de Man - Feira de Artesanía

Reperkusion 2010

Perfil Contratante

Festival Internacional de Xardíns

Radio e Televisión de Allariz

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting