|
27/02/2012.- ACTUALIDADE MUNICIPAL
O pleno da corporación municipal reuníase o pasado venres para celebrar a sesión ordinaria do mes de febreiro.
O Alcalde daba comezo á sesión plenaria coa lectura da declaración institucional, en relación ó 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, na que o grupo de goberno propuña o día 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro. A proposta foi acollida por unanimidade.
A orde do día tamén incluíu a aprobación definitiva, cos votos a favor do BNG e en contra do PP, do orzamento municipal 2012, que ascende a preto de 6.000.000 de euros. O pleno concluíu coa subsanación do acordo de cesión no expediente de cesión patrimonial dunha parcela para a ampliación do colexio público de infantil e primaria, Padre Feijóo e unha moción do BNG polo 8 de marzo, día internacional da muller.
|