|
|
Actualidade » P. Económica e Emprego
|
|
|
O Concello de Allariz inaugura o Mercado da Reserva da Biosfera
|
|
02/03/2012.- P. ECONÓMICA E EMPREGO O Concello de Allariz presentou esta mañá unha nova iniciativa de dinamización económica, enmarcada no programa gastronómico Allariz Sabe. O Mercado da Reserva da Biosfera que engloba productos ecolóxicos producidos nos catro concellos integrantes, Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.
O Mercado da Reserva da Biosfera, enmarcado no programa gastronómico Allariz Sabe, comezará a celebrarse na Praza de Abastos todos os sábados ininterrompidamente a partir do día 17 de marzo en horario de 9:30 a 14:00h.
Unha quincena de productores participan no mercado con produtos fabricados no entorno da Reserva da Biosfera Area de Allariz. Produtos de horta, hortalizas e froitas, marmeladas e mel ecolóxicas, cogomelos, embutido e queixo do Rexo ou crepes e sirope de bido ós que se engadirán, máis adiante, cervexa artesá e leite ecolóxica producidas en Allariz.
Segundo Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica “este mercado preténde dar saída comercial ós productos da Reserva da Biosfera que se producen no sector primario ligado á agricultura e tamén á gandería” e constitúe “unha boa saída para boa parte dos produtos producidos no noso territorio”
O mercado contará con servizos adicionais como deshidratado ou envasado ó vacío, que permitirán ó comprador elixir o producto fresco, envasado ou deshidratado para conservalo no tempo. Ademais, actividades relacionadas coa hostalería e unha programación formativa e didáctica son iniciativas que irán da mán do mercado.
O Alcalde Francisco García, pola súa banda, sinalaba os obxectivos principais da proposta, remarcando a constitución dunha canle de comercialización dos productos ligados ó sector privado neste mercado de proximidade “que terá unha oferta especializada e de calidade”. Preténdese, ademais, manter vivo o territorio e evitar o despoboamento do rural.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)
.jpg)

.jpg)
|