|
|
Actualidade » Medio Ambiente
|
|
|
A Fundación Vicente Risco imparte o curso Espazos ecolóxicos e educación medioambiental
|
|
11/04/2012.- MEDIO AMBIENTE A Fundación Vicente Risco en colaboración coa Fundación Ramón González Ferreiro e a Reserva da Biosfera Área de Allariz, acolle entre os días 23 e 27 de abril o curso Espazos ecolóxicos e educación medioambiental.
A sede da Fundación Vicente Risco, na rúa San Lorenzo en Allariz, será o escenario onde se impartirá este curso en horario de 18:00 a 22:00h, destinado a profesorado de primaria e secundaria.
Os contidos do curso inclúen a charla sobre as Reservas da Biosfera impartida por Bernardo Varela, concelleiro de Medioambiente no concello de Allariz, así como a visita ó ecoespazo do Rexo.
O curso, de 25 euros de matrícula, está limitado a 25 persoas polo que é preciso inscribirse en secretaria@fundacionvicenterisco.com.
CONTIDOS: Luns 23-IV-2012 .- 18:00 a 20:00: A conciencia ecolóxica na Xeración Nós. Vicente Risco. Luís Martínez – Risco Daviña. .- 20:00 a 22:00: Acción ecolóxica nos nosos días. Ramsés Pérez Rodríguez. Martes 24-IV-2012 .- 18:00 a 20:00: Ecoloxía e as políticas medioambientais. Xavier Simón Fernández. .- 20:00 a 22:00: Categorías na protección medioambiental. Virxinia Quintana García. Mércores 25-V-2012 .- 18:00 a 20:00: As reservas da biosfera. Bernardo Varela López.
.- 20:00 a 22:00: Mesa redonda organizacións ecoloxístas. Xoán Carlos Rodrígez e Analía Moares Lameiro
Xoves 26-V-2012 .- 18:00 a 20:00: Visita didáctica ao eco-espazo do Rexo. .- 20:00 a 22:00: Visualización do filme Pradolongo.Debate e elaboración dunha proposta didáctica.
Venres 27-V-2012 .- 18:00 a 20:00: “O plan do bosque”. Xogo Didáctico. Idoia de Luxán Vázquez. .- 20:00 a 22:00: Traballo co xogo “O plan do bosque”.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)

.jpg)

.jpg)
|