|
|
Actualidade » Cursos e Formación
|
|
|
O Programa Clara, de inserción socio - laboral da muller, abre o prazo para inscribirse na segunda quenda
|
|
30/04/2012.- CURSOS E FORMACIÓN O Programa Clara, froito do convenio establecido entre o Concello de Allariz e o Instituto da Muller cofinanciado polo Fondo Social Europeo, formou, dende o pasado mes de novembro, a 25 mulleres co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral, traballando as bases do benestar persoal como posibles ferramentas para unha exitosa entrada no mercado laboral remunerado.
O programa Clara en Allariz, segundo explican os técnicos, “pretende incrementar a empregabilidade das mulleres, tendo en conta as desigualdades históricas que teñen as mesmas para acceder ao mundo do emprego remunerado, en igualdade de condicións”.
Despois de traballar co primeiro grupo de mulleres ábrese o prazo de inscrición para participar na segunda quenda. Para esto é é preciso solicitar praza, antes do 18 de maio, nas dependencias do Fogar dos Maiores de Allariz, no teléfono 988 554 059.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)
.jpg)

.jpg)
|